Friday 19 de April de 2024

A Xunta concede axudas a 31 escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro


— Coincidindo coa véspera do Día dos Músicos, resólvese a convocatoria na que se destinan 165.000€ a asociacións e fundacións

— A cidade de Vigo é a máis beneficiada nesta convocatoria, con cinco axudas

Coincidindo coa véspera do Día dos Músicos, a Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro, da que resultan beneficiarias 31 entidades, que prestan servizo a case 5.000 alumnos.

O orzamento total ascende a 165.000€, a mesma cantidade ca o ano anterior e a cidade de Vigo é a máis beneficiada nesta convocatoria, con cinco entidades.

O obxectivo destas subvencións é potenciar o funcionamento dos centros dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que imparten ensinanzas de música non regradas e prestar apoio ás iniciativas para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas por parte destas entidades que teñen entre os seus fins a formación musical.

Estas escolas, que contan cunha crecente demanda, abarcan, como oferta básica, os ámbitos de ensino de música e movemento, práctica instrumental, formación musical complementaria á práctica instrumental, e actividades de conxunto. Neste sentido, cómpre sinalar que as escolas de música dedícanse á formación de afeccionados e á preparación das probas de acceso aos estudos conducentes á titulación daquelas persoas que teñan vocación e aptitudes para a música.

CONCELLO ESCOLA DE MÚSICA NÚMERO

 DE ALUMNADO

IMPORTE
Agolada EMUSPR de Agolada 107 3.608,95€
Antas de Ulla EMUSPR de Antas de Ulla 84 2.833,20€
Barro EMUSPR de Barro 41 1.382,87€
Cambre EMUSPR Sementeira de Cambre 185 6.239,78€
Celanova EMUSPR EMBC 143 4.823,18€
Chantada EMUSPR Casa da Música de Chantada 212 7.150,45€
Coruña, A EMUSPR Compañía de María 219 7.386,55€
Gondomar EMUSPR Agrupación Musical de Vincios 143 4.823,18€
Lalín EMUSPR Banda de Lalín 136 4.587,08€
Lalín EMUSPR Escola de Música de Vilatuxe 109 3.676,41€
Mos EMUSPR de Mos 402 13.558,87€
Neves, As EMUSPR Popular de Rubiós 84 2.833,20€
Ponteareas EMUSPR de Xinzo 207 6.981,81€
Pontevedra EMUSPR A Tempo 130 4.384,71€
Pontevedra EMUSPR de Salcedo 167 5.632,66€
Redondela EMUSPR de Chapela 199 6.711,98€
Rianxo EMUSPR de Rianxo 213 7.184,18€
Ribadavia EMUSPR Mestre Veneroni 93 3.136,75€
Rosal, O EMUSPR Agrupación Musical do Rosal 215 7.251,63€
Salceda de Caselas EMUSPR Asociación Amigos da Música 204 6.880,62€
Santiso EMUSPR de Visantoña 69 2.327,27€
Soutomaior EMUSPR Artística de Arcade 130 4.384,71€
Teo EMUSPR de Calo-Teo 35 1.180,50€
Vigo EMUSPR Atlántida 260 8.769,42€
Vigo EMUSPR de Beade 152 5.126,74€
Vigo EMUSPR Unión Musical de Coruxo 109 3.676,41€
Vigo EMUSPR de Valadares 152 5.126,74€
Vigo EMUSPR Escola de Música Ateneo Musical de Bembrive 164 5.531,48€
Vilaboa EMUSPR de Vilaboa 179 6.037,41€
Vilanova de Arousa EMUSPR de Vilanova 151 5.093,01€
Xinzo de Limia EMUSPR da Limia 198 6.678,25€